guia roma home

 

Roma En Galego

Algúns xa me din: 'Alberto, que ben falas o español...' Vexo que estou collendo acento 'itañolo' e que teño que volver ás miñas orixes. Teño que practicar un pouco máis falando na miña lingua nai. Será un pracer compartir convosco a miña experiencia na cidade utilizando no só un canal de expresión noso senon a visión e o gusto de Roma coa forma da miña sensibilidade e cultura galegas. Unha visita galaico-romana. Escribe para prepara-la tua viaxe.

 

"No se puede desconocer que el primitivo instrumento del lirismo peninsular, no fue la lengua castellana, ni la catalana tampoco, sino la lengua que, indiferentemente para el caso (en aquella época era la misma), podemos llamar gallega o portuguesa" (Menéndez y Pelayo). Tamén Federico García Lorca veu a esta lingua coa gravitación natural de outros grandes de outros tempos e aquí tendes unha mostra:

Madrigal à cibdá de Santiago

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecido o sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

(Federico García Lorca, Seis poemas galegos)

Galicia en Roma

Unhas palabras do meu amigo Xoan a quen dou as grazas por elas, por tantas outras que espero poidamos compartir:

'Eu xa estiven varios días en Roma hai anos pero estou seguro que a volverei a descubrir con novos ollos. Hai persoas que pensan que despóis de estar uns días ou unha temporada nunha cidade ou incluso nun país xa non teñen nada que ver. Despóis dunhas cantas viaxes eu sei que iso non é así. E curiosamente aprendinno pelegrinando varias veces a Compostela (a nosa Roma íntima e particular). O final dunha pelegrinación ou dunha viaxe sempre é o comezo doutra. É preciso ver o que non foi visto, ver outra vez o que xa se viu, ver en primavera o que se viu en verán, ver de día o que se viu de noite, gozar da chuvia cando xa se gozou do sol,…É preciso repetir camiños andados para volver a debuxar novos camiños a carón deles. De igual xeito que se relen os libros hai que volver a reiniciar viaxes. Sempre. Porque nas viaxes as páxinas son os rostros das persoas, as sombras que mudan de lugar, a cor da paisaxe,…O viaxeiro retorna sempre.'

roma en galego

Ofrecémosche tamén algúns enlaces interesantes co mundo galego na rede:

Portáis e buscadores galegos:
Vieiros
U-lo
Xanela
Cultura galega
Galiciacity
Merlín

Enderezos institucionais:
Consello da Cultura Galega
Diario Oficial de Galicia
Radio Televisión de Galicia
Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Política Lingüística
Concello de Pontevedra
Concello de Vigo
Concello de Santiago
Concello de Ferrol
Concello de Lugo

Universidades públicas
Universidade de Vigo

Universidade de Santiago
Universidade da Coruña

Xornáis e revistas
A Nosa Terra
O Correo Galego
La Voz de Galicia
Diario de Pontevedra
Faro de Vigo
Diario de Ferrol
El progreso
El Ideal Gallego
Diario de Arousa

Editoriais e librerías
Edicións do Cumio
Edicións Xerais de Galicia
Editorial Galaxia

Edicións Laiovento
Kalandraka Editora

Andel Virtual
Baía Edicións

Recursos para educación infantil e primaria
TriviaLingua
Ciber-Rallie
Preescolar na casa

Recursos de lingua, literatura e cultura
Bivir (Biblioteca Virtual de Literatura Universal en galego).
Galego.org
Galingua (curso interactivo de lingua galega)
Museo Castelao
Biblioteca Virtual Galega

Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil
Museo do Pobo Galego

 

Se queres unha resposta personalizada guia roma escribenos